Un só prezo. Todo incluído.
Sen plans. Sen comparacións. Sen letra pequena.
Prezo regular
Sen IVE
Condicións de adopción inicial
para os primeiros 1.000 comercios que se dean de alta antes do 1 de marzo
Máis dunha caixa? Escríbenos.
Se non traballas, non pagas.
Vacacións, baixa médica ou peche temporal: pausa as túas cotas.
Inclúe
O que NON cobramos
Non alugas un TPV. Quédastelo.
Despois de 24 meses connosco, a versión instalada do TPV é túa.
Outros programas obrígante a pagar para sempre.
Non porque o necesites, senón porque se deixas de pagar, bloquéante.
Abondo temos con que a administración nos obrigue a cumprir as súas normas como para impoñernos máis entre nós.
Queremos que te quedes porque te coidamos e cho poñemos fácil. Non porque te teñamos atrapado.
- Con Manao segues pagando porque queres, non porque che obriguemos.
- Tras 24 meses podes seguir usando o programa aínda que deixes a cota.
- Se deixas de pagar, perdes soporte e actualizacións.
- Se cambia a normativa, necesitarás actualizacións para seguir cumprindo.
Sen permanencia. Sen riscos.
Podes cancelar cando queiras. Sen penalizacións, sen preguntas. Se non che gusta, vaste. Así de simple.
Comparado con outros
Mira o que cobran outros polo mesmo
Típico SaaS
- TPV básico: 30-50 euros/mes
- Módulo Verifactu: +15-25 euros/mes
- Control horario: +3-8 euros/usuario/mes
- Soporte telefónico: +20 euros/mes
- Total con 3 empregados: 80-120 euros/mes
Manao
- TPV completo: incluído
- Verifactu: incluído
- Control horario ilimitado: incluído
- Soporte humano: incluído
- Se non traballas, non pagas: incluído
- Total: 49 euros/mes
Preguntas sobre prezos
Ata cando está dispoñible o prezo protexido?
Está dispoñible para os primeiros 1.000 comercios que se dean de alta antes do 1 de marzo. Unha vez alcanzado o límite ou pasada a data, aplicarase o prezo regular.
Hai custos ocultos?
Non. O prezo é o que ves. Nada máis.
Teño que pagar por adiantado?
Pagas mes a mes. Non hai pago anual obrigatorio.
Que pasa se quero cancelar?
Cancelas e xa está. Sen penalizacións, sen permanencia.
Que pasa se pecho temporalmente o negocio?
Se non traballas, non pagas. Podes pausar a túa subscrición durante meses completos por vacacións, baixa médica ou peche temporal. Só tes que avisarnos antes do inicio do período.
E se teño máis dunha caixa?
Escríbenos e vémolo contigo. Non publicamos prezo porque depende de cada caso.
O IVE está incluído?
Non. Os prezos son sen IVE. Tes que sumar o 21%. Se tes NIF intracomunitario podes auto-repercutilo.
Se deixo de pagar, deixo de poder usar Manao?
Non necesariamente. Tras 24 meses como cliente, podes seguir usando a versión instalada aínda que deixes a cota. O que perdes son actualizacións, soporte e adaptacións a cambios legais. Se a normativa cambia, poderías quedarte desactualizado.
Que significa 'licenza tras 24 meses'?
Significa que, despois de 24 meses, a versión que teñas instalada queda con dereito de uso indefinido no teu equipo. Non te bloqueamos. Ti decides se segues pagando para ter soporte e actualizacións.
Recomendades deixar de pagar despois de 24 meses?
Só se aceptas renunciar a soporte e actualizacións. Para seguir cumprindo cambios de normativa e manter o sistema ao día, o recomendable é continuar coa cota.
Manao TPV é un SaaS? É un programa na nube?
Non. Manao instálase no teu ordenador Windows e pode funcionar sen internet. Usamos internet só cando fai falta (por exemplo, para envíos relacionados coa normativa ou para soporte).
Onde están os meus datos e quen os controla?
As túas vendas e datos operativos gárdanse no teu propio equipo (instalación local). Ti controlas os teus datos. Non dependes dunha 'nube' para vender. Se activas funcións que requiren comunicación (por exemplo, envíos ou soporte), esa comunicación faise de forma segura.
Non o deixes para o último momento.
VeriFactu e o control horario son obrigas legais. Con ManaoPOS podes empezar a usar o programa agora e chegar preparado, sen présas nin cambios de última hora.
Prezo Promo Verifactu
25€/mes
Sen IVE
Prezo protexido mentres sexas cliente